Venres, 26/08/11.- Accede á actualización da XXIV Liga Xunta de Galicia a través deste enlace ...
Leer máis...
A última xornada do Mundial de Augas Tranquilas de Hungría trouxo tamén para os galegos a ledicia...
Leer máis...
Teresa Portela cumpríu a súa palabra e saíu hoxe a dalo todo na K1 Women 200m B Final. Os resu...
Leer máis...
David Cal, o Subcampión do Mundo en C1 1.000m en Hungría xa ten pasaporte para Londres 2012. EN...
Leer máis...
| O Dumbría coróase en Monforte como campión galego de promoción slalom |
Martes, 30/08/2011.- Monforte de Lemos acollía o pasado domingo o Campionato Galego de Promoción noq ue participaron preto dun centenar de rapaces das categorías infantil benxamín e alevín en K-1, C-1 e C-2. A entidade que liderou a Clasificación por clubes foi, unha vez máis, o Dumbría que continúa colleitando éxitos nesta tempada, e se proclama campión galego de slalom de promoción. A prata foi para os Teixugos e o bronce para os anfitriónse organizadores, o Quixós. |
| O Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra faise co ouro na 45 Baixada do Eume |
O Náutico Firrete, anfitrión e organizador da proba, quedouse á portas de obter o primeiro posto ao acadar 2026 puntos (o primeiro clasificado logrou 2180), mentres o bronce foi para o Verducido Pontillón (podedes consutlar os resultados neste enlace) Luns 29/08/2011.- A tradicional Baixada do Eume, que este ano acadou a súa 45 edición, congregaba na tarde do sábado en Pontedeume a máis de douscentos padexeiros pertencentes a 23 clubes, na súa maioría de Galicia, que disputaron un campionato que foi merecedor do premio 2010 ao mellor evento deportivos segundo a Federación Galega de Piragüismo. O lider na clasificación por clubes foi o Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra, que se proclamaba, así, gañador do 24 Trofeo Endesa, que outorgaba como premio ao vencedor unha embarcación K-1. Os pontevedreses melloraron o segundo posto acadado o ano pasado e desbancaron do liderazgo ao anfitrión e organizador, o Náutico Firrete, que quedou en segundo lugar. Tamén xogou bhgo papel o Verducido-Pontillón, unha entidade que, a pesares ser moi nova e de non ter participado no 2010, nesta 45ª Baixada se facía co bronce. |
| O Concello de Arbo patrocinará o Campionato Galego de Descenso |
Venres, 26/08/2011.- Finalmente, o vindeiro 17 de setembro, celebrarase o Campionato Galego de Descenso. Trátase dunha proba que nun principio tiña sido eliminada do calendario debido aos actuais axustes económicos, pero que volve agora a cobrar todo o seu interese deportivo grazas á colaboración do Concello de Arbo, localidade onde se vai celebrar a competición. |
|||
| Quixós, Subcampión de España de Descenso de Aguas Bravas |
Xoves, 25/08/2011.- Dentro das alegrías deportivas que a cotío nos brindan os nosos deportistas, sitúase o recente Subcampionato de España de Descenso de Aguas Bravas que vén de gañar o clube Quixós. Os monfortinos proclamábanse subcampións o pasado 14 de agosto na localidade leonesa de Sabero tras competir no río Esla na 2ª competición do VIII Campionato nacional e acumular un total de 9 podiums: |
| Resultados da pasada fin de semana da canteira do piragüismo galego |
Xoves, 25/08/2011.- A pasada fin de semana celebrábase en Dumbría a 5ª Competición da Copa Galega de Promoción Slalom e en Verducido o Campionato Galego de Infantiles Campionato Galego de Infantiles-XVI Copa Galega de Promoción Na mañá do pasado 21 de agosto en Verducido celebrouse o Campionato Galego de Infantiles, última proba da Copa Galega de Promoción. O máximo puntuador, no que respecta á clasificación por clubes foi o Náutico Firrete (3587), seguido do Pontecesures (3542) e o Club de Mar Ría de Aldán Hnos. Gandón (2927). |
| Hungría despide o Mundial de Augas Tranquilas entre os éxitos dos nosos deportistas |
Domingo, 21/08/2011.-Gloriosa. Así resultou a última xornada do Mundial de Augas Tranquilas para os nosos deportistas desprazados a Szeged, no que xa se coñece como o maior acontecemento competitivo da historia do piragüismo. Ao merecidísimo éxito que supuxo o venres o pase a Londres de David Cal en C1 1.000 m., hoxe temos de engadir a vitoria de Teresa Portela en K1 200m., na final b pero que lle supón á galega asinar o seu pase tamén a Londres nas Olimpíadas de 2012. Portela, quen prometera saír a por todas nun titánica loita por acadar o primeiro posto, non defraudou e fíxose coa primeira posición logrando un crono de 41.448 e situándose por diante de Nicole Reinhardt (41.856) e Jenni Mikkonen (42.270), e demostrando así ser unha excelente aposta do piragüismo galego. |
| Podios do piragüismo galego na fin de semana: Betanzos e Zaragoza |
Domingo, 21/08/2011.- E como non todos os nosos deportistas podían estar en Szeged, os que non viaxaron ao Mundial repartíronse entre as diversas actividades coas que a fin de semana nos tivo a todos entretidos. Deste xeito, e entre unha ampla oferta, en coruñesas augas de Betanzos tiña lugar na tarde do sábado a XXVII Travesía de Betanzos mentres que padexeiros das Torres Romería Vikinga de Catoira se desprazaban o domingo a Zaragoza. Acheguémonos agora aos mellores resultados destas competicións. |
| Mundial Augas Tranquilas.- Repaso da xornada |
Sábado, 20/08/2011.- A terceira xornada do Campionato do Mundo de Augas Tranquilas, que remata mañá en Hungría, deixou nos deportistas galegos do combinado nacional unha mestura de sensacións. Fagamos un breve repaso polo que deu de si o día.
Víctor Rodríguez e Diego Piña K2 500 m. Excelente resultou a tarde para os tudenses Víctor Rodríguez e Diego Piña coa súa participación vitoriosa na final b; unha proba na que non deron opción aos seus rivais xa que a dominaron dende o primeiro momento. Rodríguez e Piña retornan a Galicia cun honorable 10º posto neste Mundial. |