| Un
pouco de historia ... |
Dende sempre, o home viuse na necesidade de axudarse para dominar a auga con rústicas embarcacions, fráxiles pero moi manexables, orixe do piragüismo que coñecemos e disfrutamos nos nosos días. Buscando na historia, a testemuña mais antiga que atopamos representa unha canoa e unha pá, de prata, con mais de seis mil anos de antiguedade, descuberta polo arqueólogo inglés Sir Leonard Woolleyn na tumba dun rei sumerio en Ur, nas orillas do Eufrates. Con ista embarcación o monarca podería realizar o seu derradeiro viaxe polo río do Máis Alá. Iste motivo repetirase o longo da historia da humanidade, noutras civilizacións. Posteriormente, aparecen representacións exipcias de embarcacións con pás. Na península de Yuacatán, en Chichen Itzá aparece outra representación de canoas nun mural de mil cincocentos anos a.C. nas ruinas de Tikal, no corazón de Guatemala, encóntranse 700 a.C. ósos con grabados que representan canoas. No terreo literario é Cristóbal Colón o que a través do seus escritos, introduce a palabra pirauga en Europa é Garcilaso de la Vega o que define o concepto como embarcación sen cuberta. En virtude do seus remotos órixes, existen duas piraugas ben definidas, os kaiaks e as canoas. A canoa é unha embarcación de transporte, aberta, utilizada polos pobos primitivos de Canadá para cubrir grandes distancias con suas mercancías, ou para levar o correo, aproveitando dalgún xeito a bondade das augas e neutros, superando a agresividade dos rápidos e correntes. No seus orixenes este tipo de embarcacións construíase a base de troncos ocos de árbores ou peles de animais, previamente tratadas. Hoxe en día, as maís nobres madeiras, traballadas convenientemente, levaron a construcción dunhas embarcacións extremadamente lixeiras e, maís recentemente, a fibra de carbono engadiulle unha resistenza superior a aquelas embarcacións.
Neste tipo de embarcacións o palixeiro impúlsase cunha pá dunha soa folla, apóiase sobre un ou ou dous xeonllos e non tén outra forma de gobernar a embarcación que a propia pá, mediante unha técnica denominada repaleo. Ista embarcación pode estar tripulada por unha, duas, ou catro persoas, o que da orixe o que técnicamente coñecese no mundo da competición como C-1, C-2 ou C-4. No caso da canoa individual, o C-1, de 16 Kg. de peso, a lonxitude máxima que autoriza o reglamento de competicións e de 5,20 m. e debe alcanzar unha anchura mínima de 75 cm., nalgún punto. A canoa de dous tripulantes, o C-2, pode chegar a medir 6,50 m. e o seu peso non pode ser inferior a 20 Kg. Dentro de ésta modalidade a embarcación máis grande é a de catro tripulantes, ten unha lonxitude máxima autorizada de 9 m. e un peso non inferior a 30 Kg. A outra gran modalidade de piragüismo é o Kaiak, embarcación de orixe esquimal, construida con ósos e peles de animais, prácticamente cubertas na sua totalidade e cuya máxima sofisticación alcanzase en Groenlandia. Fundamentalmente, utiizada para cazar e pescar, e na que o tripulante vai sentado, avanza cunha pá de dobre folla e dirixe o rumbo da embarcación cun timón que manexa cos pés. O número de tripulantes pode ser de un, dous ou catro, o que levado ao mundo da competición da orixe ao K-1, K-2 ou K-4. Igual que no caso anterior, estas embarcacións, ben sexan en madeira ou en fibras que se veñen utiizando hoxe en día, teñen un denominador común, definitivo a hora de competir, o peso mínimo que autoriza o reglamento. Para un K-1, embarcación mide 5,20 m. de lonxitude, cunha anchura de 51 cm. mínima en algún punto da súa manga, contémplase un peso que non ser menor de 12 Kg. A embarcación dobre ten que medir un máximo de 6,50 m. e alcanzar unha anchura de 55 cm. nalgún punto, autorizándose un peso que ten que superar os 18 Kg. Finalmente, a embarcación de catro tripulantes, a mais longa de todas con seus 11 m. de lonxitude e 65 cm. De anchura, só pesa 30 Kg Cando o esceario resulta mais agresivo pola forza da auga, os accidentes naturais do río e os caneiros e rabións, utilizanse embarcacións construidas con materiais moito máis resistentes, acordes coas necesidades de cada momento. Actualmente, existen sotisficados diseños que se utilizan en función das características de cada proba e do propio palixeiro. Nembargantes, son cualidades moi xeneralizadas a lixeireza e resistencia dos materiais empregados. Con carácter xeral, podemos considerar unha embarcación de entrenamiento, de fibra de vidro, oscila no mercado actual sobre as 400 Euros podendo chegar a valer, en madeira e enfocada ata alta competición, cerca de 6.000 Euros. En pás os prezos oscilan entre as 80 ou 200 Euros para un neófito, ata os 800 Euros que costa un modelo de élite. A pá, en calisquer tipo de embarcación, constitue o único elemento de impulsión autorizado, sen que exista limitación en canto o seu peso ou medidas. Nembargantes, vense contemplando unha continua evolución no seu diseño durante os derradeiros anos, o que incide na maior rapidez de navegación. Hai unha observación que non debemos esquecer ó falar de piragüismo: a súa diferenza co remo. Son dous deportes que, si ben no seu día estiveron agrupados nunha sola federación, foi só en virtude dun denominador común: avánzase sobre a auga sin máis propulsión que a que o home pode imprimir a súa embarcación. Pero hai dous aspectos que os diferenza entre sí: na piragua o palista navega de fronte o sentido da marcha, mentras que en remo o atleta avanza de costas. A outra gran diferenza é a maneira de impulsar a embarcación: o piragüista non apoia a pá na piragua, mentres que no remo sí hai un punto de apoio sobre o barco. PARA CHEGAR... Establecidas estas aclaracións, o primer inconvinte que debe vencer un piragüista é o equilibrio, superado éste iniciaráse na mecánica dunha palada que debe, co aforro maior de enerxía, transmitir a máxima forza a embarcación, favorecendo o seu maior deslizamento na auga e aproveitando ventos e correntes naqueles casos nas que as circunstancias podan favorecer a súa marcha. Non se concibe un palixeiro que non domine perfectamente a natación, ata o extremo de resultar obrigatorio para poder federarse e practicar. O tratarse dun deporte que se desarrolla nun medio que non é o natural do home, hai que extremar as medidas de seguridade. Os palixeiros inexpertos nunca deben sair a auga se non é en compaña doutros mais avezados na prática do piragüismo, que poidan prestar calquer tipo de auxilio nun caso de emerxencia. No caso de dificultades engadidas deben ir provistos de chaleques salvavidas e non esquecer, en ningún caso, que a embarcación cumpra as condicións de flotabilidade obrigadas. Esta pode ser súa mellor garantía. A preparación dun palixeiro resulta moi complexa, pero o mesmo tempo atractiva, hai que desenvolver unha serie de valores psíquicos, físicos e técnicos, de forma armónica para convertir ao neófito nun palista experto. Ao inicio dunha tempada alá polo mes de outubro, leva o piragüista a realizar unhas longas sesións de ximnasio, con pesas e aparatos, moita carreira o ar libre, exercicios de elasticidade, natación e incluso, esquí de fondo. De ista maneira conseguese unha preparación xeral básica fundamental para poder cubrir, despois, os quilómetros necesarios en piragua que leven a mecanizar uns movementos na embarcación doados e o mesmo tempo económicos. A imprescindible técnica depurada e sentido do dominio na auga que debe observar un bon palixeiro hai que engadir resistencia combinada con velocidade e espíritu de competición. Todos eles son factores necesarios para obter bos resultados neste deporte. Un piragüista pode iniciar a súa aprendizaxe en piragua aos once ou doce anos, pero sempre acompañado de xogos, sin especializarse en ningunha modalidade nin distancia. E o momento de mecanizar a técnica dunha boa palada, e no caso da canoa, por ser unha modalidade asimétrica deberá aprender por ambolos dous lados. Nesta idade pode desenvolver unha gran habilidade sobre a súa embarcación, mais pequena e manexable que as de competición, capacitándolles para poder desenvolver os moitos kilómetros que esixe o adestramento do palixeiro durante unha tempada. Superada a fase de iniciación precoz, deberá desenvolver as cualidades físicas xerais e unha vez que consiga un elevado nivel, procederáse a traballar as cualidades específicas, así como a elección da modalidade que máis lle atraiga. Con 12 anos un palista está na categoría alevín, con 13 e 14 anos é infantil, logo pasará a categoría cadete, e con 17 e 18 anos son xuveniles. A partir de ahí, senior. Esta é a mellor idade para asentarse no mundo da competición, cuns poucos anos máis alcánzase por regra xeral, a mellor forma, que pode manterse fácilmente ata os 30 anos, e incluso algo máis. Excepcionalmente recordamos o sueco Pert Frederikson, que tén o récord de haber gañado, entre outras, seis medallas de ouro en xogos olímpicos, cinco delas en K-1, entre os anos 1948 e 1960, a última xa con 45 anos. Por ista traxectoria o Comité Olímpico Internacional, concedeulle, 1956, o Trofeo Mohamed Taher. Outro caso singular é o de o neozelandés Ian Ferguson, que o seus 35 anos gañaba unha medalla nos xogos Olímpicos de Seúl, e máis recentemente, nos xogos Olímpicos de Barcelona, o americano Greg Barton, o seus 33 anos subía o podium. CUESTION DE GUSTOS... En piragüismo, o esceario onde se desenvolven define, fundamentalmente, tódalas especialidades posibles. Hai un piragüismo de augas tranquilas que realizase en zoas embalsadas ou canales artificiales, sen ningún tipo de corrente. Nestas pistas os competidores navegan en línea recta polos espazos balizados que lles separan entre sí, sobre distancias de 200, 500 e 1.000 m. Esta zoa balizada coñecese popularmente como rúa e tén reglamentariamente unha anchura mínima de nove metros. Por enriba de 1.000 m. as probas consideranse de longa distancia e se disputan sobre 5.000 e 10.000 m., o percorrido é libre, pero existen ciabogas situadas entre sí a 500 m. de distancia. Nas probas de pista, as augas tranquilas non supoñen en ningún momento un impulso adicional para a pirauga. A nivel de élite mundial o palixeiro cubre en kaiak unha distancia de 500 m., nun tempo aproximado de 1,40”, cunha frecuencia de 105 a 110 paladas por minuto. En C-1 o tempo aumenta a 1,52” a frecuencia de paladas, algo máis lenta, baixa a 70 por minuto. A proba máis veloz nesta distancia é a de K-4, que invierte un tempo de 1,23”, cunha frecuencia de 125 a 130 paladas por minuto. Nesta distancia compiten a canoa e o kaiak, nesta última modalidade homes e mulleres. Só as probas sobre distancias de 500 e 1.000 m. son olímpicas. A final só acceden un máximo de nove embarcacións, despois de pasar unha auténtica criba entre todalas inscritas. Estas probas selectivas chámanse eliminatorias na sua primeira fase, e dan paso as semifinais. Destas sairán as mellores para disputar a final. Nas probas de fondo celebrase unha só regata sin eliminatorias ni semifinais. O segundo esceario que define outra especialidade de piragüismo é o río deportivo, con percorridos variabeis e os accidentes naturais que atópanse ó longo do caudal. Nestas probas os palixeiros superan distancias sin concretar polo reglamento, xeralmente por encima dos 10 km., luchando non só contra outros competidores, senon contra as correntes e obstáculos que poida plantexar o río.
A continuación encontrámonos coas probas que se realizan en augas bravas, cun esceario onde a forza da auga é sua meirande característica. Hai eiquí dous tipos de competicións: o slalom, na que os palixeiros teñen que superar non só os rábións e os obstáculos naturais, senon tamén portas de obrigado paso que se colocan ao longo dun percorrido que pode cegar ata os 800m. e as probas de descenso en augas bravas, máis longas cas anteriores, entre catro e seis quilometros, sen máis obstáculos que os naturais do río, con fortes correntes e pasos que requiren grande habilidade. Nas augas bravas, existe un material específico é obligatorio o uso do chaleque salvavidas e casco protector, que garantiza a integridade física do palixeiro. A dureza de iste esceario mídese dende o nivel III ata o VI, que considéraseinfranqueable.
Ésta modalidade foi olímpica por derradeira vez nos xogos olímpicos de Munich e logo, 20 anos despois, volveuno a ser nos Xogos Olímpicos de Barcelona. O canal, tremendamente técnico, situado na Seu d'Urgell, resultou ser un magnífico escenario cas derradeiras novidades imaxinables. As embarcacións están diseñadas de forma que resultan insumerxibles, o que supón, chegado o momento, unha garantía de salvavidas para competidor. Unha actividade piragüística
de grande arraigame e en continua evolución é o kaiak-polo,
que consiste, esencialmente, en enfrontar a dous equipos de cinco palistas
cada un nun espacio rectangular marcado previamente, de 50 m., no que
evolucionan con intención de levar un balón á portería
contraria. Para controlar o balón ou marcar goles pódese
utilizar indistintamente a pá ou a man. O espectáculo resulta
moi áxil e divertido,duro en algún momento, polo que os
competidores deben protexerse cun casco.
A NIVEL INTERNACIONAL
ENTRE NÓS.
|
Fonte:
COMITÉ OLÍMPICO ESPAÑOL e ESCOLA NACIONAL de ADESTRADORES |