Actualizada a galería de fotografías da web da Fegapi

A FGP pón á vosa disposición unha ampla galería de fotografías das competicións que tiveron lu...
Leer máis...

A Fegapi xa ten canle de Youtube propia

Xa está funcionando a canle de vídeo da Fegapi, a que se pode acceder a través da seguinte direcc...
Leer máis...

A FGP sancionará polas baixas dos deportistas fóra de prazo

Esta decisión responde ao ocorrido no Campionato Galego de Pista, no que se inscribiron masivamente...
Leer máis...

Estás aquí: Inicio
web oficial da Federación Galega de Piragüismo
 

Derradeiras Actualizacións Publicadas

Novidades ...

Romero&Ribadomar (C-2 1000) e Oliveira&Picallo (C-2 500) pasan directamente ás finais do Europeo


O resumo da primeira xornada (a de onte, xoves 29) do Campionato de Europa de Piragüismo en Augas Tranquilas Júnior e Sub-23 que se está a sdisputar en Moscú foi bastante satisfactorio para a selección española, logrando clasificar directamente cinco embarcacións (dúas delas formadas por estes canoístas galegos) para a final

Pontevedra, 30/07/2010.- O equipo de canoístas da selección española, formado integramente por galegos, ten demostrado o seu alto nivel. Durante a primeira xornada do Europeo de Moscú Sub-23 e Júnior, na que se disputaban as series clasificatorias de 1000 e 500 metros, cinco embarcacións españolas lograban o pase directo ás finais, entre elas o C-2 dos galegos Diego Romero (As Torres) e Cristian Ribadomar (Breogán) en 1000 metros Sub-23 e o C-2 de André Oliveira (Firrete) e Yeray Picallo (Firrete) en 500 metrosSub-23.

Ler máis... Ligazón  
Comeza o Campionato de Europa júnior e Sub-23 de Piragüismo de Augas Tranquilas 2010


A cita internacional, á que acuden 17 padexeiros galegos como parte da selección española, comeza hoxe con probas clasificatorias e prolongarase ata o domingo 1 de agosto

Xoves, 29/07/2010.- A selección que defenderá as cores españolas no Campionato de Europa Júnior e Sub-23 de Piragüismo en Augas Tranquilas, foi prensetada onte en Moscú, escenario da cita internacional, nun acto oficial no que participou o presidente da ECA, Albert Woods, a Presidenta do Comité Organizador, Irina Siraeva e a Xuíz árbitro do Campionato, Elly Müller. Xa fóra de actos protocolarios era hoxe, a partir das 08.00 (06.00 horas española), cando comezaba a dura competición, coas series clasificatorias.

Ler máis... Ligazón  
O Cofradía de Portonovo lidera provisionalmente a clasificación da Copa Galega Kaiak de Mar

O clube portonovés lidera o ranking a falta dunha xornada para rematar a competición galega, seguido do Piragüismo Cambados e o Kayak de Vigo

Pontevedra, 28/07/2010.- O próximo domingo 1 de agosto terá lugar en Viveiro a última regata da Copa Galega de Kaiak de Mar. Será unha xornada moi importante que decidirá o podio desta competición autonómica, que, de momento, lidera o Clube Cofradía de Pescadores de Portonovo con 250 puntos, seguido do Piragüismo Cambados (239 puntos) e o Club Kayak de Vigo (233 puntos).

Ler máis... Ligazón  
Publicados os resultados da 2ª Copa de España Jóvenes Promesas Slalom que se celebrou en Sort

A Real Federación Española de Piragüimo vén de publicar os resultados da Copa de España de Promoción - V Liga de Jóvenes Promesas de Slalom 2010 que se celebrou a fin de semana pasada en Sort (Cataluña) e na que participaban cinco clubes galegos: C.D. Miño, C.P Penedo, Tea de Mondariz, Val Miñor Frioya e C.D. Dumbría.
Ler máis... Ligazón  
Os padexeiros galegos brillan na Copa do Mundo de Maratón de Brandenburg

Os oito galegos que acudiron dentro da selección española para disputar a Copa do Mundo de Maratón de Brandenburg (Alemaña) completaron un gran campionato

Pontevedra, 26/07/2010.- A Copa do Mundo de Maratón reuniu durante esta fin de semana a centos de padexeiros na localidade alemana de Brandenburg, que representaron aos 13 países participantes. Tamén Galicia estivo representada polos padexeiros federados na comunidade que foron convocados para acudir coa selección española: Samuel Carballo (Náutico Rodeira), Andoni Larrauri (Náutico o Muíño), Rubén Millán (Kayak Tudense), Luis Morais (Kayak Tudense), Carlos Méndez (Kayak Tudense), Óscar Graña (Illa Arousa), Ramón Ferro (Illa de Arousa) e Diego Dacosta (Club de Mar Ría de Aldán Hnos. Gandón).

Ler máis... Ligazón  
As Torres, Ciudad de Pontevedra e Breogán forman o podio da Travesía de Foz en K-4

Mentres o sábado tiña lugar a competición en embarcacións individuais e dobles para veteranos, sénior, xuvenís e cadetes, onte (domingo 25), competían os K-4

Luns, 26/07/2010.-A Travesía de Foz viveuse intensamente nesta localidade mariñana durante a fin de semana. Cun gran éxito de participación, a meteoroloxía acompañou e moito público animouse a ver esta bonita competición, que chegaba xa á súa 48 ª edición. O sábado tiñan lugar as probas de embarcacións individuais e dobles, pero onte medían as súas forzas os K-4 e C-4, nunha proba puntuable para a XV Copa Galega de Ríos e Travesías (Grupo 2), na que tiveron que percorrer unha distancia de nove quilómetros.

Ler máis... Ligazón  
O Clube As Torres proclámase subcampión da Copa de España de Jóvenes Promesas Infantiles 3000 metros

Os participantes galegos fixeron unha moi boa actuación, e, xa fóra do podio cabe destacar os postos do Náutico Firrete (5º) ou o Breogán do Grove (6º)

Pontevedra, 25/07/10.- A Copa de España Jóvenes Promesas Infantiles 3000 metros (puntuable para a IX Liga de Jóvenes Promesas Aguas Tranquilas) disputábase onte, sábado 24, na cidade de Badajoz. Ata alí se desprazaron padexeiros procedentes de doce clubes galegos (As Torres, Breogán, Portonovo, Piragüismo Poio, Piragüismo Rianxo, Fluvial de Lugo, Kayak Tudense, Firrete, O Muíño Ribadumia, Pontecesures, Fluvial Allariz e Unión Boiro-Rianxo).

Ler máis... Ligazón  
Máis de trescentos padexeiros participaron na primeira xornada da Travesía de Foz


Mentres onte foi a quenda dos veteranos, e das embarcacións individuais e dobles, hoxe pola tarde competiran os C-4 e K-4

O epicentro do piragüismo autonómico durante esta fin de semana está na Mariña Lucense, máis concretamente en Foz, onde se disputa a Travesía de Foz - Campeonato Galego de Ríos e Travesías, que chega este ano á súa 48ª edición. Mentres onte pola tarde competían as categorías senior cadete e xuvenil de K-1, K-2 e C-2, así como os veteranos (A e B) en C-1 e K-1, hoxe durante a tarde (a partires das 16.30 horas), competirán os C-4 e K-4.

Ler máis... Ligazón  

Inscricións on-line

Fotos & Video

  • Fotos

  • Vídeos locais

  • YouTube


A Federación Galega de Piragüismo pón a
vosa disposición unha colección de fotos
tomadas nas Ligas Galegas.

A Federación Galega de Piragüismo pón a vosa disposición unha escolma de videos de piragüismo, que esperamos sexan do voso agrado.

A Federación Galega de Piragüismo pón a vosa disposición un canal de vídeo en YouTube, que esperamos sexa do voso agrado.    

Clubs debutantes en 2010

  • Club Piragüismo Caramuxa

  • Club Piragüismo Baiona

  • Club Piragüismo Verducido

  • Club Piragüismo Aldán

  • Club Pontevedra Kayak

  • Club Piragüismo Avión

  • Club Piragüismo Unión BRT

  • Club Kayak Surf

  • Club Piragüismo Narón

Derradeiro video

Nova Destacada

O Cofradía de Portonovo lidera provisionalmente a clasificación da Copa Galega Kaiak de Mar

O clube portonovés lidera o ranking a falta dunha xornada para rematar a competición galega, seguido do Piragüismo Cambados e o Kayak de Vigo

Pontevedra, 28/07/2010.- O próximo domingo 1 de agosto terá lugar en Viveiro a última regata da Copa Galega de Kaiak de Mar. Será unha xornada moi importante que decidirá o podio desta competición autonómica, que, de momento, lidera o Clube Cofradía de Pescadores de Portonovo con 250 puntos, seguido do Piragüismo Cambados (239 puntos) e o Club Kayak de Vigo (233 puntos).

Ler máis... Ligazón

Patrocinadores


Derradeiras Novas

Novas máis leídas