Estás aquí: Inicio

Campionato do Mundo Marathon

Correo-e Imprimir PDF

O Campionato do Mundo de Marathon disputado na localidade Checa de Tyn nad Vltavou, rematou con un éxito sen precedentes para os padeeiros Galegos. Ramón Ferro e Oscar Graña do Clube Piragüismo Illa de Arousa acadaron a 2ª posición no C-2, mentres que Anxel Ribadomar e David Mascato do Clube Breogán do Grove conseguiron a 3ª praza na mesma modalidade. 

É destacábel o feito de que os primeiros clasificados, os Húngaros Edvin Csabai e Attila Gyore, son os reises indiscutibles da modalidade, xa que levan dez anos consecutivos subindo ó máis alto do podio. Éste ano, os padeeiros Arousáns estiveron máis preto dos primeros ca nunca, xa que mantiveron durante gran parte da regata, unha loita de poder a poder cos Húngaros. Únicamente 39 segundos os separaron da victoria. A progresión da parella Galega semella imparábel.

Por outra banda, Anxel Ribadomar e David Mascato, firmaron unha regata espléndida, xa que gañar un bronce na primeira actuación mundial da parella, está só ao alcance de moi poucos.

 Porteo de Ribadomar e Mascato
 Porteo Mascato-Ribadomar

A desgracia cebouse con outros dous padeeiros Galegos que participaron no mundial: Tono Campos do Breogán do Grove, rompeu a pá en un porteo cando marchaba co grupo de cabeza. Segueu a remando con outra pá que non era a súa, e rematou en sexta posición. Amosou pundonor e categoría como competidor.

Alvaro Fiuza, que competía co Zamorano Emilio Merchán, non puido finalizar a regata por rotura do timón do K-2. Tiñan tódalas posibilidades para facer un gran resultado, pero a mala fortuna cruzouse no seu camiño. Dominaron a regata e cargaron co traballo de face-la selección do grupo de cabeza. Un incidente ca parella Checa en un porteo provocou a rotura do timón facendo imposíbel continuar en carreira.

Haberá máis oportunidades para ésta experimentada parella.

Outros resultados destacables son:

  • Miguel Salgado ( Clube As Torres de Catoira), quinto no C-1 Junior
  • Miguel Soro (Clube Náutico Firrete de Pontedeume), decimo en C-1 Junior.
  • María Pérez (Clube As Torres de Catoira), quinta en K-2 Senior.

O Piragúismo Galego pecha con ésta competición, a mellor tempada a nivel internacional de toda a historia, despois de acadar tres medallas olímpicas, dúas medallas en Campionatos do Mundo, e unha medalla en Campionatos Europeos.

PARABÉNS A TÓDOS OS QUE O FIXÉSTEDES POSÍBEL.

 

 Podium do C-2 con Graña, Ferro, Ribadomar e Mascato
Podium c2
 

Derradeiras Novas

Novas máis leídas