A Fundación Deporte Galego ven de publicar hoxe, 5 de outubro, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2020, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS DGAN 2020”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel. Este plan é unha actuación máis na liña de apoiar os deportistas para que sigan mellorando o su rendemento deportivo e co que pretendemos axudar na súa dedicación ao deporte de alto nivel.

Esta convocatoria conta nesta ocasión con seis tipos de axudas: Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que serán asignadas segundo os resultados deportivos que tiveran acadados durante o ano 2019 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores) e que a Federación Galega de Piragüismo  poida acreditar posteriormente á solicitude.

As devanditas bases desta convocatoria están á disposición de todos os interesados na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na web http://deporte.xunta.gal dende hoxe. A destacar, en todo caso, que o prazo de presentación de solicitudes comeza mañá martes 6 de outubro e rematará o vindeiro martes 20 de outubro de 2020.