A Federación Galega de Piragüismo convoca o “I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PABLO LEYENDA”, concurso que se rexerá polas seguintes bases:

PRIMEIRA: En recordo e homenaxe de Santiago Pablo Leyenda Vilar, persoa moi querida polo piragüismo galego e estatal, e pola súa dedicación desinteresada a fotografiar o mundo do piragüismo. A Federación Galega de Piragüismo, convoca este concurso centrado no ámbito do piragüismo galego, a través de imaxes tomadas en adestramentos, concentracións ou competicións celebradas en territorio galego (amistosas, provinciais, galegas ou nacionais), en calquera das modalidades que agrupa o noso deporte.

SEGUNDA: Poderá participar calquera persoa física, maior de idade que presente unha obra súa, orixinal e inédita. Cada autora ou autor poderá presentar un máximo de tres fotografías en formato impreso ou dixital.

TERCEIRA: As fotografías deberán ser orixinais e non premiadas noutros concursos. Poderán presentarse en vertical ou horizontal e admitiranse fotos en cor e en branco e negro, quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico. Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. O xurado pode requirir este consentimento por escrito.

CUARTA: Enviarase cada fotografía individualmente, coa indicación “I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PABLO LEYENDA”.

Cada fotografía deberá ir acompañada da folla de inscrición anexa a estas bases cuberta e a fotocopia do DNI

As fotos poderán enviarse en formato electrónico á dirección de correo electrónico: kayak-canoa@fegapi.org  ou remitirse en formato impreso á dirección postal: Federación Galega de Piragüismo, Rúa Gavian s/n (Verducido), 36.151 Pontevedra.

QUINTA: O prazo de inscrición estará aberto desde a publicación das presentes bases na páxina web da F.G.P. (www.fegapi.org) ata o 15 de outubro de 2019.

SEXTA: Establécese un premio para o gañador/a donado por CONJUSA.

SÉTIMA: O xurado, cuxos membros serán dados a coñecer antes da concesión do premio, estará composto por integrantes da Xunta Directiva da F.G.P. e por profesionais relacionados co mundo da arte e a fotografía. Actuará como secretario do xurado, con voz e sen voto, o secretario da Federación Galega de Piragüismo.

O premio entregarase no marco da Gala Galega de Piragüismo.

OITAVA: A Federación Galega de Piragüismo se reserva todos os dereitos de propiedade e uso das fotografías, citando sempre o nome do/a autor/a; podenso ser utilizadas en carteis anunciadores de regatas, cursos ou outras actividades organizadas pola propia F.G.P.

A Federación Galega de Piragüismo farase cargo da impresión dun número de  fotografías que estime oportunas, que serán expostas ao público durante a celebración da Gala do Piragüismo. Tamén se poderá organizar unha exposición itinerante con estas fotos, a petición de clubs u outros organismos que o soliciten; como promoción do noso deporte.

NOVENA: A organización resérvase o dereito de modificar estas bases en beneficio do bo funcionamento deste concurso.

DÉCIMA: A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases e a decisión do xurado, que será inapelable.

HOJA DE INSCRIPCIÓN

PATROCINADO