ZONAS DA INSTALACIÓN

DOCUMENTOS PDF. SOLICITUDES

DEREITO A USO

  • Tódolos clubs de Piragüismo da Provincia de Lugo teñen dereito de uso da instalación, e por extensión os seus padexeiros, sempre e cando estean mutualizados e teñan suscrita e aboada a correspondente poliza de RC. Previa solicitude dos mesmos (solicitar formulario).
  • Os padexeiros alleos os clubs da Provincia de Lugo terán que solicitar cun mes de antelación o uso das mesmas, tutelados por un club da provincia. Deberán estar mutualizados e o seu club ter suscrita e aboada a correspondente poliza de RC (solicitar formulario).
  • O clubs ou asociacións doutras disciplinas deberan solicitar cun mes de antelación o uso das mesmas (solicitar formulario).
  • Ningún menor de idade poderá facer uso da instalación sen o persoal técnico responsable da actividade.

CONSIGNAR MATERIAL NO HANGAR DA INSTALACION

• Só os clubs de Piragüismo da Provincia de Lugo poderán consignar material de competición na instalación para o adestramento dos seus padexeiros, pero nunca como hangar complementario o das súas instalacións. Este deberá ser debidamente inventariado e será preciso notificar a súa saída da instalación. O material debe ser retirado cando así se lle solicite.
• A prioridade para a consignación de material por parte dos clubs será:
1. Carecer de instalacións propias.
2. Distancia do seu club de orixe.
• Aqueles clubs que non teñan instalacións poderán consignar calquera tipo material para poder levar a cabo a súa actividade e o Plan de promoción do piragüismo, sen superar o 35% de prazas no hangar.

• Os padexeiros dos clubs da provincia que compitan polo menos en dúas probas oficiais (ligas) por tempada e adestren a miúdo, poderán gardar unha embarcación debidamente inventariada, debendo retirala cando así se lle esixa. O espazo debe ser solicitado a través do seu club (solicitar formulario).
• Ningunha outra modalidade deportiva poderá consignar material dentro da escola.
• Os padexeiros de clubs alleos a provincia poderán consignar unha embarcación cando o seu rendemento deportivo sexa beneficioso e de interese para o Plan Provincial de Piragüismo, sempre e cando haxa espazo e debendo retirala cando así se lle solicite.
• Os clubs non terán dereito a consignar embarcacións que non sexan da súa titularidade ou dalgún dos seus padexeiros.
• Tódolos clubs deberán solicitar por escrito a consignación de material, que será debidamente inventariado.
• Antes de proceder a retirada de material consignado no hangar, o Club ou Entidade titular do mesmo, debe comunicar dita retirada. Para elo utilizarase o formulario dispoñible o efecto.
• Tódalas embarcacións consignadas no hangar deben dispoñer dun número de inventario visible na mesma, dito número será facilitado polo persoal da FEGAPI na instalación.

USO DO XIMNASIO (aforo 50 usuarios)

  • Tódolos clubs ou asociación deportivas terán dereito o uso do ximnasio, en caso de ter moita demanda estableceranse horarios de uso. Sempre dándolle prioridade os clubs de piragüismo da provincia de Lugo.
  • Non se permite a utilización das maquinas do ximnasio sen utilizar unha toalla para recubrir os respaldos e zoas onde se apoie o corpo.
  • Non se permite entrar mollado, con chanclas, sin camiseta ou con roupa non adecuada a práctica deportiva.
  • Durante as series de exercicios que teñan unha recuperación prolongada, deberase deixar a maquina libre para utilización de outros usuarios.
  • Os tempo máximo para a utilización de máquinas cardiovasculares, cando a requiran varios usuarios, será de 20 a 30 minutos.
  • Toda persoa que non este realizando unha práctica deportiva terá que abandónalo.
  • Todas as normativas terán que ser aplicadas polos usuarios ou polo contrario poderán ser obrigados a abandonar o ximnasio.
  • Prohíbese abrir portas e fiestras sen autorización do encargado.
ZONA MUSCULACIÓN
  • Utilización so coa presenza do técnico do club ou equipo durante todo o adestramento.
  • Deixar no seu estado inicial o material.
ZONA AEROBICA
  • Utilización so coa presenza do técnico do club ou equipo durante todo o adestramento.
  • Deixar no seu estado inicial o material.
ZONA ERGÓMETROS
  • Utilización so coa presenza do responsable do club ou equipo durante todo o adestramento.
  • Deixar no seu estado inicial o material.

 

Solicitar a apertura do ximnasio o encargado da instalación.

USO DO PATALAN

  • Utilización só para embarque e
  • Totalmente prohibido usar como zona de baño.
  • Non se permite almacenar embarcacións.
  • Non se permite utilizar como zona de público en adestramentos e competicións.
  • Únicamente serán para acceso de deportistas, adestradores e árbitros das competicións, así como persoal autorizado pola FGP.

USO DOS VESTIARIOS

  • Duchas: Uso exclusivo para deportistas e persoal autorizado pola FGP.
  • Aseos: Poderán ser utilizados, tanto por deportistas como por outras persoas asistentes os adestramentos e as competicións, os que sexan sinalados ao efecto mediante carteis.

NORMATIVA XERAL DA INSTALACION E MATERIAL DEPORTIVO

  • Tódalas normas de utilización das zonas e do material terán que ser cumpridas polos usuarios e de non ser así poderase obrigar a abandonar a instalación de forma temporal ou definitiva, tanto polos empregados como pola propia federación.
  • Tódolos estragos ocasionados polos usuarios terán que ser aboados ou reparados polos mesmos.
  • A falta de respecto ou as desconsideracións cos empregados da instalación serán obxecto de sanción disciplinaria, que poderá ocasionar a expulsión do recinto de forma temporal ou de forma
  • En toda a instalación só se poderá realizar a práctica de adestramentos ou competicións. Calquera outro tipo de actividade terá que ser solicitada e autorizada pola Federación Galega de Piragüismo e cumprir coas normas e requisitos legais según a actividade que sexa.
  • En calquera momento os empregados da instalación poderán solicitar os datos dos deportistas que estén facendo uso da mesma. De esta forma poderán asegurarse de que o deportista que está no recinto ten a necesaria autorización. De non ser así terá que abandonar o
  • Non se permiten animais na instalación.
  • Todos os deportistas que accedan a instalación terán que estar mutualizados.
  • No caso de facer algunha actividade non organizada pola FGP esixirase ter un seguro de R.C para a mencionada actividade, sempre con solicitude e previa autorización da FGP.